Rosalía Castro de Murguía

“Adiós ríos, adiós fontes

adiós, regatos pequenos;

adiós, vista dos meus ollos,

non sei cándo nos veremos.

 

Miña terra, miña terra,

terra donde m’eu criei,

hortiña que quero tanto,

figueiriñas que prantei.

 

Prados, ríos, arboredas,

pinares que move o vento,

paxariños piadores,

casiña d’o meu contento.

 

Muiño dos castañares,

noites craras do luar,

campaniñas timbradoiras

da igrexiña do lugar.

 

Amoriñas das silveiras

que eu lle daba ó meu amor,

camiñiños antre o millo,

¡adiós para sempre adiós!

 

¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!

¡Deixo a casa onde nacín,

deixo a aldea que conoso,

por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,

deixo a veiga polo mar;

deixo, en fin, canto ben quero…

¡quén puidera non deixar!”

Rosalía de Castro. (1837-1885)

 

 

Adicamos esta ilustración a Rosalía Castro de Murguía no seu día. Non fai falta moito tempo pra ser unha muller excepcional.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s